Thursday, March 29, 2012

Históricas manifestacións contra a reforma laboral

Históricas manifestacións contra a reforma laboral - Praza Pública

Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. As estimacións sumadas das centrais convocantes falan de 200 mil persoas en Vigo, 100 mil na Coruña, 40 mil en Compostela, 40 mil en Ferrol, 25 mil en Pontevedra, 15 mil en Ourense, 15 mil en Lugo ou 8 mil en Vilagarcía. Cifras que as policías locais de cada cidade rebaixan, pero que seguen sendo elevadas e por exemplo en Vigo o Concello ofrece unha cifra total de 105 mil manifestantes, e na Coruña o cómputo oficial é de 60 mil persoas. 
Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Non en van, dende primeira hora da mañáa referencia deixou de ser a folga xeral de 2010 e as centrais sindicais comezaron a poñer a vista na de 2002, contra o decretazo de José María Aznar. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas. Por poñer un exemplo, nas manifestacións que tiveron lugar o 29 de setembro de 2010, nunha folga convocada por todos os sindicatos, como esta, a asistencia ás marchas foi importantes, pero moito máis reducida. Daquela, os sindicatos falaban de 125 mil manifestantes en Vigo, por exemplo, ou de 50 mil na Coruña, cifras rebaixadas á metada polos respectivos concellos.

(ESTAMOS TRABALLANDO NA AMPLIACIÓN DESTA NOVA. EN BREVE TEREDES CRÓNICAS DAS MANIFESTACIÓNS, MÁIS FOTOS E POLA NOITE, VIDEOS)

Primeiro treito da protesta compostelá da CIG
Persoal do Consorcio de Benestar, na marcha da CIG en Santiago
A CIG, no Ensanche compostelán
Panorámica da CIG na Praza Roxa de Santiago
Inicio da marcha da CIG en Compostela
CCOO e UGT, en Santiago baixo un cartel da CIG
Cabeceira de CCOO e UGT en Santiago
CCOO e UGT en Santiago
Comitiva de Galiza Nova en Santiago
Mozos na marcha de CCOO e UGT en Santiago
CCOO e UGT, na Praza de Galicia, en Santiago
Pancarta artesanal en Compostela
Manifestación por diante dunha entidade bancaria
Inicio da manifestación de CCOO e UGT en Santiago
Comitiva da CUT en Compostela
A CNT, en Compostela
Folga no téxtil
Chamada á folga sobre un escaparate
CCOO e UGT, na zona vella de Santiago
CCOO e UGT, na Praza das Praterías
As Praterías, quedando pequenas
Remate da marcha de CCOO e UGT en Santiago
A CIG, comezando a encher a Quintana
A CIG logra encher a Quintana
Parafraseando a Os Diplomáticos de Monte Alto
O Sindicato de Xornalistas, en Compostela
A manifestación da CIG na Coruña
A manifestación da CIG na Coruña
A manifestación da CIG na Coruña
A manifestación da CIG na Coruña
A manifestación da CIG na Coruña
A manifestación da CIG na Coruña
Imaxe de Vigo
Unha das marchas de CCOO e UGT
A Coruña
A manifestación da CIG en Pontevedra
A manifestación da CIG en Pontevedra
A manifestación da CIG en Pontevedra
A manifestación da CIG en Pontevedra
A manifestación da CIG en Pontevedra
Guillerme Vázquez encabeza a comitiva do BNG en Vigo
Beiras e Bascuas, na manifestación da CIG en Vigo
Vilagarcía
Ribeira
Lugo
Ferrol
Ferrol
Vigo
Vigo
A manifestación de CC.OO. e UGT en Vigo
A manifestación, polas rúas de Ferrol
A manifestación da CIG en Cee
Os participantes nas manifestacións que se celebraron en Compostela desprazáronse ao Obradoiro no remate
Imaxe panorámica da manifestación de CCOO e UGT na Coruña
Manifestación da CIG en Xinzo de Limia
Manifestación da CIG en Xinzo de Limia
Manifestación da CIG en Xinzo de Limia
Manifestación de CCOO e UGT en Vigo
Manifestación de CCOO e UGT en Vigo
A manifestación de CC.OO. e UGT en Ourense
Manifestación da CIG en Vigo
A CIG en Vigo
Cabeceira da CIG en Vigo
Manifestantes da CIG en Vigo
Suso Seixo, ao remate da marcha de Vigo
Remate da CIG en Vigo
Un intre da marcha nas rúas de Vigo
A manifestación da CIG, no centro de Vigo
'Pablo Iglesias', na protesta de CCOO e UGT na Coruña
Un xeito de ver a folga, ao paso de CCOO e UGT na Coruña
Pancarta con retranca na Coruña

Manifestacións no 29M

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...