Monday, July 30, 2012

Ocupa el congreso 25 septiembre



Madrid, alrededor del Congreso de los Diputados
¡Atención!, esta puede ser la próxima y definitiva movilización ciudadana a partir de la cual se inicie el proceso de cambio en el que se deje atrás el régimen vigente y se sienten las bases para una verdadera democracia.La acción es clara y contundente:
El próximo 25 de septiembre se llegará a Madrid de forma masiva desde todas partes de España, con el fin de rodear el Congreso de los Diputados y permanecer allí de forma indefinida, hasta conseguir la disolución de las cortes y la apertura de un proceso constituyente para la redacción de una nueva constitución, esta vez sí, la de un estado democrático. Toda la ciudadanía está invitada a participar, ya sea a modo individual o a través de asambleas, plataformas ciudadanas, etc.
El cambio es necesario y va a ser liderado por el pueblo.
https://www.facebook.com/events/355184007883632/
 

Tuesday, July 03, 2012

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contraPDFImprimirCorreo-e
Envia A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra a FaceBookEnvia A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra a Twitter
dragadoferrol27 de xuño de 2012. Logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol, o Valedor do Pobo vén de achegar a ADEGA unha información chave que demostra até onde chega a chafallada administrativa neste asunto. O Valedor destapa un pdfinforme técnico do Servizo de Conservación da Natureza (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que considera o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos. Logo de comezadas as obras a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente. E finalmente, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción.

Crónica das irregularidades do proxecto “Mellora dos calados da canle de entrada ao interior da Ria de Ferrol-A Coruña no LIC Costa Ártabra ES-1110002”
ANTECEDENTES
1. En relación co proxecto de “Mellora dos calados da canle de entrada ao interior da Ria de Ferrol- A Coruña no LIC Costa Ártabra ES-1110002” promovido pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, ADEGA xa indicara a existencia de irregularidades no procedemento de avaliación e de autorización do proxecto e na dificultade de acceder á documentación ambiental na Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DXCN), feito que provocou unhasolicitude de amparo perante o Valedor do Pobo. As irregularidades que percibía ADEGA baseábanse en que a DIA -Declaración de Impacto Ambiental- (Resolución de 13 de decembro de 2010, da Secretaría de Estado de Cambio Climático, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto Mellora dos calados na canle de entrada ao interior da ría de Ferrol, A Coruña), publicada no BOE do 3 de xaneiro de 2011 polo órgano ambiental (Ministerio de Medio Ambiente) minimiza ou oculta os efectos negativos de determinados impactos, e sobre todo os efectos sobre determinadas especies protexidas. A avaliación efectuada e finalmente recollida na resolución do Ministerio, carece do informe perceptivo que debería emitir o órgano responsable da xestión da Rede Natura 2000 en Galiza, isto é, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
A necesidade deste informe perceptivo queda recollida no artigo 4.3 do RDL 1/2008 de Avaliación de Impacto Ambiental que recolle "Cando corresponda á Administración Xeral do Estado formular a declaración de impacto ambiental regulada nesta Lei, será consultado preceptivamente o órgano ambiental da comunidade autónoma onde se ubique territorialmente o proxecto". Este punto cúmprese en parte, na DIA páx. 554, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente "INFORMA POSITIVAMENTE o proxecto e recorda a necesidade de solicitar informe á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia ademais da necesaria autorización da Consellería de Medio Rural por ser un espazo ZEPVN". De xeito que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente emite un informe incompleto a sabendas que falta o da D.X. de Conservación da Natureza.
É dicir, a propia DIA do proxecto aprobada polo Ministerio recolle que a D.X. de Conservación da Natureza, que é a responsábel na xestión dos espazos naturais protexidos da CCAA, NON INTERVEU NO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL dunha obra que se ía desenvolver nun espazo natural protexido da Rede Natura.
2. Ante esta situación ADEGA intentou acceder ao expediente, sendo a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao a que nos remitiu copia dunha Resolución da Dirección Xeral de Conservación da Natureza do 5/10/2011 (curiosamente de data de saída da Xunta do 10 de outubro de 2011 e de entrada na Autoridade Portuaria do 7 de outubro!?), duns días antes de comezar a obra. Na devandita resolución trancríbese un informe favorábel do Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña onde fai referencia, por 3 veces, a un "Informe do biólogo deste Servizo Provincial do 23 de xullo de 2010", informe que solicitamos á Autoridade Portuaria e que nos dixo non ter.
Solicitado o citado informe do 23/07/2010 á DX Conservación da Natureza non obtivemos contestación. Polo que pedímolo através da Fiscalía de M. A. do TSXG e do Valedor do Pobo. Finalmente, o Valedor do Pobo remitiunos copia este informe.
CONCLUSIÓNS
Á vista do informe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña do 23/07/2010 e de toda a documentación xerada neste proxecto, pódese concluír:
1. O procedemento de EIA foi totalmente irregular. A DIA emítese polo Ministerio de Medio Ambiente (BOE 03/02/2011) sen o correspondente informe da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza, organismo competente na xestión dos espazos naturais protexidos na CCAA.
Como acabamos de comprobar, a non inclusión do informe na DIA non supón que o devandito informe non existira. Todo o contrario: Este informe é o que finalmente obtivemos através do Valedor do Pobo. Trátase do informe do 23/07/2010, asinado polo Xefe de Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña, Don Carlos Muñoz Martínez, a partir da valoración efectuada polo biológo deste Servizo, Don Marco Sotelo Acuña, sobre os valores do medio e a presenza de hábitats e especies protexidas de flora e fauna.
A non inclusión deste informe no procedemento de avaliación ambiental viría motivada polas súas conclusións, nas que se indican que as actuacións proxectadas pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao resultan:"ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e ás especies presentes na zona de estudio, tanto dentro como fora da Rede Natura 2000".
2. Na DIA (BOE 03/02/2011) indícase que para a execución das actuacións o promotor deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, así como coa elaboración e aprobación dun calendario de actuacións. En relación con este segundo procedemento, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza emite unha Resolución con data do 5/10/2011, autorizando as actuacións e o seu calendario. Nesta Resolución de autorización do 5/10/2011 transcríbese un segundo informe favorábel do Xefe de Servizo de Conservación da Coruña, Don Carlos Muñoz Martínez, elaborado o 14/09/2011. Este segundo informe do Servizo Provincial, favorábel, baséase exclusiva e sorprendentemente nas determinacións e conclusións incluídas no primeiro informe deste mesmo Servizo Provincial do 23/07/2010 que consideraba as actuacións como "ambientalmente incompatíbeis". Asombrosamente o informe do 14/09/2011 recolle que se "informan favorábelmente" estas mesmas actuacións, o que leva consigo unha "resolución favorábel" por parte da DXCN.
Á espera do que ditamine o Fiscal de Medio Ambiente do TSXG, logo de que dende ADEGA lle fagamos chegar a información subministrada polo Valedor do Pobo, pensamos que estes feitos poderían ser constitutivos dun delicto de prevaricación, con consecuencias negativas sobre a conservación dun espazo natural protexido, dos seus hábitats e das súas especies. Este procedemento irregular vulneraría as determinacións formuladas na normativas de avaliación de impacto ambiental, na Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Directiva 92/43 CEE (de Hábitats). Dúas administracións que consciente e intencionadamente deturpan un procedemento e toleran unha vulneración das leis ambientais terían que render contas perante a xustiza. Os responsábeis dos organismos implicados nesta chafallada deberían ser inmediatamente cesados: Como se pode esixir á cidadanía o acatamento das leis se eles son os primeiros en incumprilas?

A XUNTA AGOCHA UN INFORME NEGATIVO SOBRE O DRAGADO DA RIA


Un exemplo mais das tropelias de Reganosa – amparada polas Administracións Públicas, - contra a Ria de Ferrol.
A autoridade Portuaria, nin sequera respostou as alegacions presentadas polas entidades ecoloxistas – o CCE entre elas - contra o dragado na boca da Ría, zona LIC (Lugar de Interese Comunitario).
A Xunta de Galicia mantivo agochado un informe propio negativo sobre a realización do dragado, autorizándoo e utilizando para a execución do mesmo os fondos de cohesión europeos.
Todo elo en beneficio exclusivo de Reganosa e do tráfico de gaseiros cargados de GNL, sendo falso o argumento de que beneficia aos buques que reparan en Navantia, posto que ao entrar sen carga non precisaban dese calado.
Información completa : 


-- 
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España: 
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995


CompromisoXGalicia




Estimad*s amig*s;
Seguimos cos actos de presentación de  CompromisoXGalicia.Agora toca Lugo e Ferrol. Axuntamos convites por se queres distribuilos.
Lugo: luns 2 de xullo ás 20,15 horas no Hotel Mendez Nuñez 

Ferrol: xoves 5 de xullo ás 19,00 horas na Galeria Sargadelos 
  Saudos

-- 
Contactar en:
ecogaleguistas@ecogaleguistas.org
692 212 166 (Xoán Hermida. Coordinador. CoPortavoz)
610 574 279 (Chus Boo. CoPortavoz)
639 586 559 (Manolo Dios. CoPortavoz)
www.ecogaleguistas.org
http://www.facebook.com/ecogaleguistas
 twitter: @ecogaleguistas
Colabora en: Caixa Rural conta nº 3070-0037-12-6087982424

Sunday, July 01, 2012

Testimonios-"Un viaje hacia el edén".




Publicado el 30/06/2012 por 
Testimonios recogidos por la Asamblea Sen Papeis Ferrol de Mike y Alex quienes cuentan desde su infancia en Dakar (Senegal), la decisión de partir hacia Europa, sus sueños, etc...
Texto al inicio del Libro "mi nombre es Nadie" de Carla Fibla y Nicolás Castellano y texto final de "La historia que pudo ser" de Eduardo Galeano.

I Festa Intercultural da Asamblea Sen Papeis


NO AÑADO NI UNA PALABRA. ESTA CRONICA LO DICE TODO:
Pola mañá cedo en Caranza chovía a chuzos, tan forte que de novo dentro do Mercado facían falta paraugas para protexese da chuvia. A cuberta segue sen reparar, por moitas promesas e proxectos do malgoberno dereitista do Partido Popular -PP. Paralelamente, as asociacións do barrio realizaban a súa segunda xornada para a elaboración dun proxecto comunitario para o Mercado e a Traseira. Carlos e Ana preparaban o que era a infraestrutural da Festa, na Traseira do Mercado, nas inmediacións de Rádio Filispim. Limpeza, bebida, comida, fogóns, potas, equipo de música, ... Había que ultimar todo. A media mañá saíu o sol e xa non se volveu a poñer até o solpor. Compañeiras e compañeiros da Asemblea Sen Papeis, comprometeran-se a agasallar-nos cociñando para un numeroso grupo de persoas que estaba previsto que participaran na cita, como así foi. O menú intercultural, cuscús e arroz , os dous con polo. Mentres uns conciñaban, ás 12 do mediodía daba comezo unha Mesa Redonda nos locais de 'Fuco Búxan'. Máis de cincuenta persoas estiveron atentas a tan interesante palestra. Na mesa dúas testemuñas contaron a vivencia persoal dende que decidiran emigrar do seu país, cara a un mundo descoñecido para mellora-las súas condicións de vida, acompañadas por Laura Bugallo (Recoñecida activista en Inmigración);María Teresa Bustamante (Avogada) e o noso compañeiro Carlos Varela (Asociación Lazos Pro Solidariedade) un dos impulsores da Asemblea Sen Papeis.

Xa pola tarde comezou o Xantar Comunitario de confraternización, e máis tarde terían lugar as actuacións músicais, con tamborada africana, Manolo Bacallao, Luís Enrique Culshaw eBitxo Bola. No medio desta actuación os traceurs, que así se chaman os practicantes deparkour, fixeron unha demostración das súas habilidades e ao remate do seu percorrido, na Traseira, continuou a festa coa música.

As fotos de Susete deixaron testemuña, da alegría e o bon desenvolvemento da Festa dos Sen Papeis.

Ningunha persoa é ilegal !!

Tod@s somos emigrantes !!


Enlace de referencia:

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis - 30 de Xuño de 2012

Fotos: Susete'70. (Y TUS FOTOS HECHAS CON LA MIRADA DEL QUE COMPARTE CODO CON CODO LO QUE ATESTIGUA: HERMOSAS.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...