Friday, April 29, 2016

SENTENCIA ANULANDO A AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE REGANSA



Envía www.f-cape.org.

Achegamos comunicado do CCE     From: Comite Cidadan de Emerxencia <comitecidadan@gmail.com>
Unha vez máis o Tribunal Supremo ven a dar a razón ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na súa defensa da legalidade, da Ría e da Vida.
Outra nova Sentenza, a 889/2016 do 25 ppdo. declara a NULIDADE da Autorización de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos.
En breve o CCE fara público o seu analise desta resolución.
Hai 15 anos, agora e sempre: PLANTA DE GAS, PECHE XÁ !



Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España: 00493315772894017995
Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Monday, April 25, 2016

14 DOCUMENTOS EN PDF SOBRE PERMACULTURA | VISTOENLAWEB.ORG

14 DOCUMENTOS EN PDF SOBRE PERMACULTURA | VISTOENLAWEB.ORG





14 Documentos en pdf sobre Permacultura



Ecohabitat – Experiencias rumbo a la sustentabilidad (PDF – 17,7mb)Libro que reune notas sobre diseño de ecoaldeas, construcción ecológica, producción local de alimentos, tecnologías apropiadas, restauración de la naturaleza, educación participativa, economías locales sustentables, salud y vision holística. Las notas estan escritas por protagonistas de proyectos en estas areas en México.
Introducción a la Permacultura – Bill Mollison (PDF – 29,3mb)
Libro fundamental de la permacultura escrito por uno de sus creadores en colaboración con Reny Mia Slay.
La Esencia de la Permacultura – David Holmgren (PDF – 560kb)
Un resumen de los principios y los conceptos de permacultura extraídos del libro “Permacultura: Principios y senderos más allá de la sustentabilidad” del co-creador de la permacultura David Holmgren.
Permaculture: A designer´s manual (en ingles)- Bill Mollison (PDF – 86mb)
Famoso gran libro del co-creador de la permacultura con muchisimas ideas de diseño y excelentes gráficos.
La parabola del pollo – Bill Mollison (PDF – 36kb)
Pequeña nota imperdible de la producción de alimentos con una visión permacultural.
El momento terrible del día – Bill Mollison (PDF – 120kb)
Texto de Bill Mollison sobre permacultura.
La Permacultura: El arte de curar la tierra – Juan Manuel Madrigal (PDF – 112kb)
Un buen resumen de permacultura por un gran promotor de la permacultura en México.
Permacultura: Diseño para un mundo en descenso energético – Holger Hieronimi (PDF – 484kb)
Buen resumen de la permacultura y sus principios con estilo Holmgren. Desarrollado en la Granja TIerramor, México.
Articulos varios de Permacultura – Emilia Hazelip (ZIP – 1,7mb)
5 artículos de la reconocida permacultora española creadora de la agricultura sinérgica.
Agricultura sostenible. Un acercamiento a la permacultura – Alejand…
Clasico libro de permacultura de los pocos en español y casi el único mexicano. Co escrito por Alejandra Caballero quien lleva adelante el Proyecto San Isidro en Tlaxcala.
Colección Permacultura (libros 1 a 6)- Antonio Urdiales Cano (RAR –…
Publicaciones del permacultor argentino. Pueden comprarlos impresos enwww.permacultura.com.ar.
1. como tratar la tierra 2. labranza cero 3. intercultivos 4. siembra.poda.injerto 5. mis amigos los bichos 6. huerta urbana
Colección Permacultura (libros 7 a 12)- Antonio Urdiales Cano (RAR – 168mb)
Publicaciones del permacultor argentino. Pueden comprarlos impresos enwww.permacultura.com.ar.
7. reciclaje de basura y compost 8. bacterias para la salud 9. refrigeración y calefacción solar 10.captación uso y reciclaje de agua 11. autoconstrucción 12. el calor del sol
Colección Permacultura (libros 13 a 19)- Antonio Urdiales Cano (RAR – 242mb)
Publicaciones del permacultor argentino. Pueden comprarlos impresos enwww.permacultura.com.ar.
13. hornos de barro 14. biogas 15.electricidad solar de bajo costo 16. energía eólica e hidráulica de bajo costo 17. cría de animales pequeños 18. colmenas en la casa 19. acuacultura
Gaia´s Garden: A Guide to Home-Scale Permaculture – Toby Hemenway (…
Clásico libro de permacultura a pequeña escala. Una lástima que no esté disponible en español




Tuesday, April 19, 2016

Seis citas para achegarnos á figura de Carvalho Calero desde todos os prismas | Ferrol360

Seis citas para achegarnos á figura de Carvalho Calero desde todos os prismas | Ferrol360





Seis citas para achegarnos á figura de Carvalho Calero desde todos os prismas

Maiz e Basterrechea en rolda de prensa este luns (foto: R.C.)
Maiz e Basterrechea en rolda de prensa este luns (foto: R.C.)
REBECA COLLADO | Ferrol | Luns 18 abril 2016 | 15:01
A súa faceta de profesor, de político, de lingüista, de literato, e tamén a súa faceta humana, serán as temáticas sobre as que xirará a programación que o Concello de Ferrol e a Comisión Pro Carvalho Calero organizan para darlle un novo pulo á petición a Real Academia Galega para que adique o Día das Letras Galegas 2017 ao historiador ferrolán.
O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, e Bernardo Maiz, da Comisión, foron os encargados de presentar os actos este luns en rolda de prensa. Ambos coincidiron en sinalar que «hai motivos máis que sobrados» para que a RAG lle adique o Día las Letras Galegas 2017 a Carvalho Calero.
Basterrechea afirmou que a pesares de ser «o grande perdedor» por non acadar este nomeamento, o certo é que todos os anos o nome de Ricardo Carvalho Calero está vinculado ao 17 de maio.
Pola súa banda, Maiz salientou que é a cuarta vez que a comisión propón ao ferrolán e pregúntase porque a RAG lle nega tal honra a un home que foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e tamén foi membro da academia.
Programación
A programación arranca este martes, ás 19:30 horas na Galería Sargadelos, cunha charla que leva por titulo «Ricardo, o noso pai» e que correrá a cargo da filla do profesor e historiador ferrolán, Victoria Carballo-Calero Ramos.
Xa o 22 abril, ás 20:00 horas no centro cultural Torrente Ballester, proxectarase o documental Carvalho Calero, Vieirios de Esperanza, dirixido por Antón Rodríguez. O 5 de maio, ás 19:30 horas no IES Concepción Arenal, Henrique Dacosta farlá de «O literato Carvalho Calero» e o 6 de maio, ás 20:00 horas na Fundación Artábria, Bernardo Maiz abordará a acción política Carvalho. Calero.
Os organizadores decidiron facer un parón nos días previos e posteriores ó Día das Letras Galegas, e a programación retorno o 24 de maio, no Ateneo ás 19:30 horas , coa conferencia «Carvalho Calero, profesor e lingüista», a cargode Aurora Marco e Xose María Dobarro.
Para finalizar, o 25 de maio no Ateneo, ás 19:30 horas, Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer falarán sobre «O Lugo de Carvalho Calero e Manuel María».

Sunday, April 03, 2016

Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena

e unha Esquerda de futuro. Asociación Cultural Fuco Buxán. Ferrol. Galicia. Unha aposta polo futuro da Esquerda



Reportaxe fotográfico e Audio da Presentación do libro e Conferencia de Manuela Carmena



Reportaxe Fotográfico [Fotos: A. C. Fuco Buxán]: https://www.dropbox.com/sh/ezn362cy3ucf6b9/AADPdbHyB47_xay96G3yq58ha?dl=0


Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. O ciclo que pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas (dentro da nosa ideoloxía de pensamento progresista de esquerda).

Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos do [Ciclo Democracia e Compromiso]:

• Ensino: Conferencia – Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
• Conferencia de Pablo Álvarez Fernández: Polo Dereito á Enerxía.
• Conferencia de Nieves Santomé: "REFUXIADOS E INMIGRANTES".
• Conferencia - Coloquio de Manolo Lago: "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?"
• Presentación do libro “O último día de Terranova” de Manuel Rivas.
• Conferencia "Democracia alegre contra el miedo triste" Juán C. Monedero Fernández.
• Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura.
. Presentación libro e Conferencia Manuela Carmena.

E temos previsto realizar os actos que seguen:

• Antón Losada Trabada (Jove, 1966) periodista, escritor, político. Conferencia o xoves 21 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. [Ciclo Democracia e Compromiso].

• Xoves 7 de abril no Ateneo Ferrolán Asemblea ordinaria de socios e socias da A. C. Fuco Buxán, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria. Posterior Debate Aberto a toda a cidadanía a partir das 20:00 horas.

Por outra banda, sinalar que para unha asociación como a nosa supón un serio esforzo -sobre todo económico- conseguir o amable desprazamento ata Ferrol de tódolos conferenciantes.

Por este motivo, pedimos a vosa colaboración:

• Difundindo os actos previstos

• Facendo unha doazón: nos actos que desenvolvemos, sempre imos acompañados dalgunha das nosas producións como asociación -chapas, libros, documentais en DVD, ou o último número da nosa revista FUCO BUXÁN- coas que agasallaremos a vosa xenerosidade en función da cantidade doada. Por outra banda, tamén é posible contribuír facendo un ingreso na conta:
ES75-2080-0222-8230-4001-5401

• Seguíndonos nas redes sociais: poderás atoparnos en Facebook, Twitter e na web.
• Inscribíndovos como socios e socias, contribuíndo ó crecemento da asociación e ó seu sostemento, tanto no económico como na súa actividade.

Así mesmo, convidamos a toda a cidadanía a participar no Debate Aberto que terá lugar ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. Despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias queremos realizar un Debate Aberto a cantas persoas o desexen, un Debate que lles permita expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideren, ademais, para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agardamos vervos alí!


CICLO [DEMOCRACIA E COMPROMISO]
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...