Saturday, September 10, 2016

Ence:60 anos máis? Unha reportaxe de Galiza Contrainformación | Ollaparo. O universal é o local sen muros

Ence:60 anos máis? Unha reportaxe de Galiza Contrainformación | Ollaparo. O universal é o local sen muros



GalizaMedio ambiente — 10 Setembro, 2016 at 11:08

Ence:60 anos máis? Unha reportaxe de Galiza Contrainformación

por Redacción

Segundo a Asociación pola Defensa da Ría, ENCE é un freo á economía da comarca pontevedrasa xa que destruiría directamente emprego desde que foi creada (dos 600 a menos de 300) e de forma indirecta porque ao destruir recursos naturais destruiría tamén os empregos derivados da pesca, do marisqueo , da actividade turística e do monte, e de forma inducida porque non hai empresas sustentábeis e limpas que veñan instalarse a unha comarca que atura desde hai décadas o estigma da contaminación

A reportaxe  abre coa paradoxal discurso de Jacobo Moreira (PP) pedindo á Ministra de Ambiente en xaneiro de 2015 que se “ponderen non os intereses da emprea (ENCE) mas o mellor para Pontevedra.  A seguir Antón Mera, actual presidente da Asociación pola Defensa da Ría (APDR),  cuestiona a eticidade dunha prórroga tomada por un presidente en funcións (Rajoy) totalmente desaparecido e derrotado  que debullaba que non ía sair presidente do goberno español concede unha prórroga de 60 anos . A APDR ten recorrido pola via administrativa con dous recursos : é a primeira vez que non a consideraron parte interesada, cando noutros procedimentos os tiveran en conta; e outro é porque esta decisión é inxusta e esta mal fundamentada. A ADR, que está a estudar o vieiro xudicial porque a decisión “roza como mínimo a preparicación”, també advoga por continuar presionando aos partidos políticos para que tomen a decisión para que no caso de chegaren ao goberno estatal podan revogar esta decisión.
A prórroga de 60 anos á celulosa hipoteca o futuro de Pontevedra, afima Antón Mera
O vídeo recolle declaracións  de veciños e veciñas e de Leonor González “Nene, ex presidenta da APDR que relata cando os arroaces entraban na ria, subindo desde Tambo até Ponte do Burgo, tal era a salubridade e riqueza faunística desta ria. A contaminación da celulosa de ENCE ten dous aspectos: o primeiro é a materia orgánica que verte directamente á ría, afectando na demanda biolóxica e química de oxíxeno, sólidos en suspensión, nitróxeno e fósforo teñen valores elevados que a Xunta permite; o segundo é a carga microbiolóxica moi elevada de coliformes fecais e escherichia coli. Quer dicir, a contaminación non deriva só dos verquidos domésticos mas dos da fábrica de pasta de papel.E como é que se dan os coliformes da produción de pasta de papel? No proceso danse as condicións idóneas para que proliferen este tipo de bacterias, xa que hai moitísima materia orgánica e altas temperaturas.
Segundo o médico alergólo Fernando Filgueira a renovación da concesión é unha “tomadura de pelo”. O cluster do papel non se pode desenvolver a serio, quedando apenas a produción primaria  de un pouco cartón e papel. Porén a desaparición de ENCE  melloraría as condicións de toda a ria para o marisqueo e o turismo, xunguido ao saneamento integral dos verquidos urbáns
Porque non respoden a Xunta e o goberno español a este clamor cidadá?
Polo conflicto de intereses. Isabel Tocino, exministra de medioamente, forma parte do consello de administración de ENCE xunto co tamén exconselleiro de medioambiente da Xunta de Galicia, Carlos del Álamo. A máis, o actual directo de ENCE en Pontevedra, Antonio Casal, está casado coa directora xeral de coordinación ambiental da Xunta de Galicia, que entre outras competencias inherentes ao seu cargo tén o de tramitar expedientes sancionadores ás empresas contaminadoras.

Galiza Contrainfo É unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega direccionada a Ç”achegar o noso grao de area no campo do vídeo-activismo, apropiándonos das ferramentas que temos ao noso alcance […] e a posibilidade de utilizar e de experimentar criticamente os novos medios audiovisuais e as redes”
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...