Sunday, April 29, 2018

La sentencia nº 00038/2018: la violación genuina

La sentencia nº 00038/2018: la violación genuina

Opinión

La sentencia nº 00038/2018: la violación genuina

“Quizá la interpretación jurídica patriarcal de lo que sucedió esa noche hubiera sido otra si nuestro código penal contuviera una definición feminista del consentimiento”.
27 abril 2018
La sentencia nº 00038/2018: la violación genuina
Manifestación en Madrid contra la sentencia de 'La Manada'. ÁLVARO MINGUITO



No hay nada especialmente novedoso que aporte la sentencia nº 00038/2018 de la sección segunda de la Audiencia de Navarra. A pesar del dolor que entraña leer cada uno de sus párrafos, los pronunciamientos judiciales en torno a las violencias sexuales que enfrentan las mujeres, aquellos que exoneran de responsabilidad a los violadores, amparando su impunidad y olvidando el daño de las víctimas y supervivientes, se encuentran a cientos en las bases de datos de la jurisprudencia española. 
La ideología patriarcal se filtra diariamente en todos aquellos pilares que sostienen y justifican el ejercicio directo de la violencia sexual hacia las mujeres, consolidando un sistema patriarcal, cuya estructura y sus múltiples ejecutores –en ese caso los jueces responsables de aplicar nuestro Código Penal y los 5 agresores– son los únicos responsables de que hoy se condene por “abuso sexual” a cinco tipos que lo que han hecho ha sido violar [ver definición en la RAE].
En este desafío lingüístico sobre los márgenes de lo que es o no es violación, por cierto,  superado hace más de 70 años por el movimiento político feminista, las palabras que nos transmite nuestro sistema judicial juegan un lugar central, porque lejos de ser meros actos descriptivos dirigidos a equilibrar las penas en función del la gravedad del delito, contienen implicaciones fundamentales para la vidas de las mujeres y sus cuerpos, para su derechos sexuales y reproductivos, para su autonomía sexual.
En este sentido, nuestro Código Penal incluye una sádica jerarquía lingüística y penal que diferencia los tipos penales en relación a los “delitos contra la libertad sexual e indemnidad sexuales” (agresión sexual, abuso sexual o acoso sexual), bajo una clasificación que consolida todos los mitos patriarcales que justifican las violencias sexuales y que, como se puede comprobar, la sentencia nº 00038/2018  ha constatado: únicamente la “violación genuina”, la que reproduce el mito patriarcal de que la violencia sexual solo es tal cuando hay uso de la fuerza o cuando la víctima se ha resistido, es susceptible de merecer castigo. En consecuencia, solo las víctimas y supervivientes de una violación genuina serán las únicas que podrán ser reparadas conforme a los parámetros que la justicia considera. El resto de víctimas, es decir, el 80%, son evaporadas del mapa.
La sentencia nº 00038/2018 solo nos aporta dolor y una inmensa indignación, demostrando las enormes grietas que contiene nuestro sistema judicial, cuando de lo que se trata es de proteger y garantizar los derechos de las mujeres. Esta sentencia ejemplifica además las consecuencias que acarrea el silencio deliberado de un Estado, el español, que tras más de 40 años de democracia sigue sin asumir sus responsabilidades en el marco de la violencia sexual, al vulnerar todos los estándares internacionales en sus obligaciones de prevenir, sancionar, asistir y reparar frente a la violencia sexual, mientras exhibe un escenario de connivencia hacia los violadores y una desprotección extrema y aterradora hacia las víctimas y hacia todas nosotras.
Las mujeres de este país seguimos conviviendo bajo un agujero negro en el que gravitan las ideas y conductas patriarcales que hacen que no podamos escapar de él. Conscientes de ello, demoler el patriarcado es una tarea desesperadamente imposible, aunque soñemos con ello cada día. Pero sí que es cierto, que en esa dolorosa travesía (a veces gratificante), hay actos que pueden ayudar a que el impacto de este aterrador sistema minimice sus efectos. Quizá la sentencia nº 00038/2018  y la interpretación jurídica patriarcal de lo que sucedió esa noche hubiera sido otra si nuestro código penal contuviera una definición feminista del consentimiento, alejada de la engañosa conceptualización que la asocia únicamente a la resistencia física o al uso de la fuerza.
Desde hace décadas, las feministas tenemos clarísimos los márgenes infranqueables que diferencian la violencia sexual de la libertad y autonomías sexuales, del placer sexual y del deseo, bajo marcos conceptuales que despejan que solo hay consentimiento, si hay plena autonomía sexual. Lamentablemente, la sentencia nº 00038/2018 manifiesta el titánico recorrido que aún nos queda por realizar, aunque lo único positivo de todo este infierno es que la respuesta, después de tantos años de deliberado silencio, ya es imparable.

Bárbara Tardón Recio. Feminista. Doctora en estudios interdisciplinares de género y experta en violencia sexual.

Tuesday, April 24, 2018

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema «En galego día a día»

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema «En galego día a día» | Ollaparo. O universal é o local sen muros




Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema «En galego día a día» | Ollaparo. O universal é o local sen muros



GalizaLínguaNormalización lingüística — 23 Abril, 2018 at 18:44

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema «En galego día a día»

por 





Reivindicará o esforzo de miles de persoas e colectivos para normalizar a lingua fronte ao 155 lingüístico da Xunta

A plataforma Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “En galego día a día”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, acompañado de membros da Xestora da plataforma cidadá, que sinalaron que ao longo dos próximos días e até a data da convocatoria desenvolveranse diversos actos nas comarcas galegas para informaren da convocatoria. Na web www.queremosgalego.gal indicaranse os horarios e prezos dos buses que se porán a disposición de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela a impulsar a plena normalización da lingua galega.
En galego acotío
Queremos Galego reclamará este 17 de maio o día a día das persoas que fan que a lingua viva mais ás que se lles exixe un esforzo que non terían que facer se quixeren utilizar unha lingua plenamente normal.
Este día a día é que consegue manter viva unha lingua que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática.
Co lema “En galego día a día” a plataforma cidadá pretende reivindicar o apoio social crecente á lingua galega que contrasta coa actitude da Xunta de Galiza que mantén un 155 lingüístico de facto. Segundo indicou o voceiro da Plataforma, Marcos Maceira, “en Galiza é o propio goberno galego, co presidente Feixó á cabeza, quen actúa como un vulgar delegado do goberno español, renegando das funcións que lle dá o estatuto de autonomía e da alta representación de Galiza que debería exercer”. Como consecuencia, sinalou, “o galego é o único idioma oficial do Estado que diminúe en falantes e carece de apoio do seu propio goberno”.
O 155 lingüístico de Feixó
“O  155  de Feixó anula as competencias e a capacidade da Xunta de actuar e lexislar a favor do galego, e polo tanto todos os artigos ao respecto do Estatuto, a LNL,  ou acordos parlamentares unánimes como o PXNLG. En Galiza nin se aplica nin se aproba ningunha lexislación a favor do galego mais si se aplican as máis de 500 disposicións legais que obrigan ao uso do español en diferentes ámbitos”.
“Existe unha sociedade que actúa día a día para repor e normalizar a lingua galega, a través de centos de colectivos e entidades e en ámbitos moi diversos” e que estarán representados como todos os anos no acto final da manifestación. Indicou tamén que “son moitas as persoas que sen falar galego aspiran a vencer as barreiras de todo tipo que lle impeden o mínimo de seguridade precisa para facelo e que demandan mudanzas que faciliten a súa instalación na lingua propia de Galiza”.
“É o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta de Galiza e coa mobilización diaria consegue avances. Grazas ao activismo social o galego conseguiu pequenas vitorias que dan mostra forza do pobo galego, mais tamén de todo o que falta por avanzar.
Como exemplo citou as compañías de seguros que comezan a cumprir a lei e ofertar pólizas en galego; compañías de telefonía móbil que se obrigadas a rectificar anuncios de desaparición das opcións en galego; ou transnacionais que modificaron regulamentos internos que impedían o uso do galego, non porque actúe a administración senón por acción da sociedade. “Canto mellor estaría o galego se a administración actuase minimamente?”, perguntouse.
Propaganda fronte ao día día
Porén por parte do goberno galego a única actuación é a propaganda coa anuncio dun novo Plan, esta vez para a mocidade. Maceira instou á Secretaría Xeral de Política Lingüísitica e ao Presidente Feixó, a comezar por eliminar as prohibicións de uso do galego e a consideración como lingua extranxeira no ensino.

Thursday, April 19, 2018

Podo prometer e prometo: ER(r)E que ER(r)E | Ollaparo. O universal é o local sen muros



"Como xornalista sempre busco a verdade: é caseiro o caldo Galliña Blanca?"
(Mónica Carrillo, presentadora do telexornal de Atresmedia e novelista, nun anuncio)
Celtiberia show volve estar á orde do día en múltiples escenarios:
-Nos cartóns black que socializan como un sindicato vertical a representantes dos traballadores, empresarios e políticos de todas as cores.
-Na fraude dos ERE, con dirixentes de CCOO e UXT compartindo mordida con presidentes da Xunta andaluza e líderes do socialismo rociero mentres pregoan a súa loita contra o paro e o subemprego.
-Na andrómena das pensións, roubadas por PP e PSOE, aínda que na cabeza da protesta ondeen bandeiras do PSOE, cuxa executiva ten seguros privados subscritos coa banca, e das “centrais maioritarias”, que oferecen aos seus afiliados plans de pensións asociados, co BBVA no caso de CCOO  (http://servicios.ccoo.es/servicios/Inicio:216–Plan_de_Pensiones_Asociado), e con Inversis, propiedade da Banca March, no caso de UXT (https://www.atlantis-seguros.es/general/productos/planes-de-pensións.aspx).
-Na corrupta alma mater universitaria, un mercado de títulos ao mellor ofertante para cebar currículos de políticos en disposición de rubir e “ovellas negras” de familias de pompa.
-No “non á guerra”, agás que o belicoso sexa un dos nosos e non supoña diminución da “carga de traballo”. Como explicou o comité de empresa de Navantia ante as críticas polo contrato para construír varias corvetas destinadas ao feudal e xenocida goberno de Arabia Saudita, que mantén unha cruel guerra ofensiva no Iemen.
Fotograma de “Los Tramposos” ( 1959) de Pedro Lazaga


Neste mundo traidor, todo vale, todo aprovéitase, dun corno faise unha percha. Posverdade Non, a simple lóxica da irresponsabilidade e a delegación como modus vivendi. Concibidas as relacións sociais nun réxime de servidume voluntaria, non é estraño que o resultado sexa o monopolio da mentira, a impostura e a infamia. Moi afastado daquel principio subscrito polos obreiros da Primeira Internacional que dicía “non máis deberes sen dereitos, nin máis dereitos sen deberes”. A norma de convivencia hoxe, con todo, discorre nunha única dirección. Dereitos sen deberes. Sen apreciar que esa falta de interacción, e o abuso da representación, elimina a necesaria experiencia propia da existencia e configura arquetipos zombis. Por iso, a memoria individual e colectiva adoita ser tan volubel e acomodativo.
Pola contra, aprenderiamos da experiencia vivida e radiada, e feitos calamitosos que xa sucederon no pasado inmediato non se reproducirían coma se nada sucedese. Botámonos as mans á cabeza co bufonesco e sórdido caso Cifuentes, pero moitos dos que xustamente o acirran foron protagonistas fervorosos doutros casos aínda máis denigrantes. Hai que lembrar o bochorno dunha clase política, empresarial e mediática (Polanco, Asensio, Pedro J. Ramírez, Ansón, etc.), nos fastos da investidura de Mario Conde na Universidade Complutense un ano antes de que MC fose encarcerado por “gánster” ?Un intelectual da banca que busca o equilibrio ético. O homo novus da economía española?, dixo do delincuente no seu laudatio o embaixador israelí Shlomo Ben Ami ante o Rei Juan Carlos I que presidia a homenaxe.
En España hai desigualdade social no económico-material. Abofé. Mas certamente onde esa secuela é máis corrosiva, e con todo denúnciase menos, é nos ámbitos da vida cotiá, pública e privada. Quizais porque para que haxa corrupción efectiva necesítanse dous polos en comunicación. Un corruptor e un corrompido. Consentidor e consentido. E non só flúe de arriba-abaixo, do poderoso ao sometido. É bidireccional. O nepotismo, o valimento, o fraude  e o clientelismo, moito máis que o mérito e a capacidade, seguen sendo os vectores fundamentais de promoción social aquí e agora. E escusalo no do “capitalismo de amiguiños” é unha forma como outra calquera de esconder a cabeza baixo a á. Apenas hai sitio onde ollar que non acubille un delito. Na nosa universidade, o suposto campus da excelencia e a transmisión do coñecemento, segundo estudos solventes, hai un 73% de docentes de caste endogámica. Quer dicir, de individuos-funcionarios con vincallos e/ou intereses partillados. Non sorprende, portanto, a omertá con que reaccionou o reitorado do Rei Juan Carlos ante o mastergate. Unha universidade que conta con catrocentos profesores visitantes en nómina dun persoal de 1.400 docentes leva o estigma no seu ADN. Por certo, o responsable dun centro de estudos superiores de Sevilla tiña colocados a 22 familiares e amigos (entre outros: 2 fillos, 4 irmáns, 6 sobriños, 1 cuñado, 1 sogro, a sogra dun irmán, un irmán do xenro e unha veciña). Unha reforma radical que acabase con esas prácticas tramposas non sería reforma, sería unha revolución.
Iso na base. No cume, se cabe é peor, porque é un iceberg do que só asuma a parte máis inocente. Como botón de mostra está o coñecido do Tribunal de Contas, o máximo órgano da administración que ten a misión de fiscalizar as contas do Estado e do sector público. Pois ben, dos seus setecentos empregados máis de cen están ligados por algún grao de parentesco, destacando sobre todo o persoal vinculado aos sindicatos e a cúpula da entidade. Segundo revelou no seu día a prensa, os dous últimos presidentes do TdC compartían sede de traballo con dezasete achegados. E se tiramos por elevación na ruta da cleptomanía e a desvergoña, non atopamos cun país que ten dous reis en nómina dos orzamentos. E un non é o da baralla, senón o emérito. Aínda que non exista por ningún lugar normativa nin estatuto que regule esa curiosa titularidade á conta do diñeiro de todos. Só o Vaticano se achega ao noso modelo, con dous papás no castizal.
Raro país este, de rudes contrastes e escaso siso:
-Onde o xefe de Estado a título de Rei designado por Franco, e mandatario interino na ditadura durante a enfermidade do Caudillo, pasa a ser xefe de Estado na democracia por acordo das forzas políticas de dereita e esquerda (Juan Carlos I, hoxe Rei emérito)
-No que o secretario xeral do partido único fascista (o Movemento Nacional) convértese tras gañar as eleccións no primeiro presidente de goberno constitucional do réxime democrático (Adolfo Suarez).
-No que o golpe de estado (militar e violento, por suposto) para tombar a democracia protagonízao a agrupación da garda civil de tráfico, cuxo labor legal é a vixilancia do cumprimento das normas de circulación nas estradas (o tejerazo do 23-F).
-Onde os ministros de Educación, Interior e Xustiza reivindican o viva a morte! do cafre Millán-Astray, cantando en público o himno da lexión na procesión de Semana Santa coma se estivesen a facer méritos.
-No que un presidente da Xunta de Andalucía durante case 20 anos, procesado polo maior presunto fraude con diñeiro público labor desde a transición a través dos ERE, tendo como principais beneficiarios a amigos, familiares, afiliados e simpatizantes ideolóxicamente afíns, asegura ante un tribunal que desa macroestafa “non sabía nada nen tiña porqué coñecelo”.
-E, en fin, onde pululan uns medios de comunicación que son simples terminais do duopolio dinástico hexemónico (agora con Cidadáns, un oligopolio tricornio).
-Como o xornal considerado modelo de rigor e independencia e faro do progresismo, fundado por un antigo instrutor da franquista Fronte de Mocidades na centuria Sancho O Forte (Jesús de Polanco).
-Que tivo como primeiro director e ten como actual presidente ao que fose xefe dos servizos informativos de RTVE no último goberno de Franco, a etapa de maior censura informativa desde a guerra (Juan Luís Cebrián, hoxe tamén número de número da RAE)
-Ostentou como responsable da súa división televisiva, Sogecable, ao ex ministro do Interior do tardofranquismo que destruíu os arquivos de Falanxe contendo documentación vital para investigar a represión franquista (Rodolfo Martín Vila).
-E que fichou como xefe da asesoría xurídica, co obxectivo de defender o dereito constitucional á liberdade de expresión, ao último xuíz do Tribunal de Orde Pública (TOP) que ata entón perseguía á oposición política e civil por delitos de “propaganda ilegal” (Diego Córdoba).
-Por iso, El País interpreta o EREgate como un simple abuso de subordinados desleais mentres os respectivos dirixentes do PSOE-PSA (Sánchez e Díaz) entretéñense na Feira de Abril. O mesmo socorrido expediente de tirar para abaixo utilizado para exculpar o terrorismo de estado dos GAL, o desfalco dos Fondos Reservados ou o financiamento ilegal do PSC-PSOE a través da trama Filesa-Malesa-Time Export. En xusta compensación, o seu colega El Mundo di que o mastergate de Cifuentes é unha trasnada.
A todo iso, chamárono reconciliación. Un país onde aínda impera o rigor mortis daquel “podo prometer e prometo” con que Suárez avalou a Transición. Eppur se muove. Como coa bicicleta estática.Podo prometer e prometo: ER(r)E que ER(r)E | Ollaparo. O universal é o local sen muros

Monday, April 02, 2018

De fondo Emafesa: Próximo negocio, a auga - Demoledor informe da UE contra a inxerencia privada no sector público - O Tribunal de Contas Europeo critica duramente nun informe a participación privada en infraestruturas e servizos públicos e recomenda aos países membros que non promovan modelos público-privados - Ártabra 21

De fondo Emafesa: Próximo negocio, a auga - Demoledor informe da UE contra a inxerencia privada no sector público - O Tribunal de Contas Europeo critica duramente nun informe a participación privada en infraestruturas e servizos públicos e recomenda aos países membros que non promovan modelos público-privados - Ártabra 21

Membros do Tribunal de Contas Europeo que realizaron a auditoria.
Da esquerda para a dereita: Guido Fara, Di Hai, Thomas Obermayr,
Enrico Grassi, Oskar Herics, Chrysoula Latopoulou, Svetoslav Hristo v e Pietro Puricella
O autor da reportaxe sobre o Relatório Especial nº09/2018 'Asociacións público-privadas na UE: Deficiencias xeneralizadas e beneficios limitados'Ricardo Gamaza,[*]estará en Ferrol coa Plataforma na Defensa dos Sectores Públicos, pola Remunicipalización, para presentar o seu documentario "Trileros del Agua?", acompañado de Luís Babiano, xerente da 'Asociación Española de Operadores de Auga Pública' (AEOPAS). Acto que se anunciará nuns días a data, o lugar e a hora.

Demoledor informe da UE contra a inxerencia privada no sector público

O Tribunal de Contas Europeo critica duramente nun informe a participación privada en infraestruturas e servizos públicos e recomenda aos países membros que non promuevan modelos público-privados. En España, este modelo serviu para financiar autopistas de peaxe que agora debe rescatar o Estado.

O Tribunal de Contas Europeo é contundente e claro: a UE non debe seguir financiando infraestruturas ou servizos públicos con participación privada. Nun recente informe que acaba de publicar o principal órgano de control financeiro da Unión Europea, ao que tivo acceso Público, a institución critica duramente as asociacións público-privadas para acometer infraestruturas ou servizos públicos por "insuficiencias xeneralizadas", "gastos ineficaces", "falta de transparencia", "atrasos" e "sobrecustos", entre outras deficiencias.

Ademais, recomenda que nin a UE nin os seus Estados membros promovan asociacións público-privadas até que se resolvan os principais problemas identificados no seu informe especial: 'Asociacións público-privadas na UE: Deficiencias xeneralizadas e beneficios limitados', publicado o pasado 20 de marzo.

En concreto, o documento analiza 12 asociacións público-privadas cofinanciadas pola UE en Francia, Grecia, Irlanda e España nos ámbitos do transporte por estrada e as tecnoloxías da información e a comunicación, que supuxeron 5.600 millóns de euros de financiamento europeo. E conclúe que a participación privada nestes proxectos "non pode considerarse unha opción economicamente viable para o fornezo de infraestruturas públicas".

Nunha análise devastadora, engade que a entrada de capital privado nos proxectos do sector público supuxo "insuficiencias xeneralizadas e beneficios limitados, con gastos ineficaces e ineficientes", onde "a relación custo-beneficio e a transparencia víronse gravemente prexudicadas, en particular, por políticas e estratexias pouco claras, análises inadecuado, rexistros fose do balance patrimonial e acordos".

O informe asevera que os proxectos público-privados analizados sufriron "insuficiencias considerables en forma de atrasos durante a construción e importantes aumentos dos custos". En total, sete dos nove proxectos completados -con custos de proxectos agregados de 7.800 millóns de euros- sufriron demoras que oscilaron entre dous e 52 meses. Ademais, foi necesaria unha cantidade adicional de case 1.500 millóns de euros de fondos públicos para completar as cinco autopistas auditadas en Grecia e España, dos cales a UE proporcionou ao redor do 30% -422 millóns de euros-, denuncia o informe especial. O Tribunal considera que estas cantidades "gastáronse de xeito ineficiente polo que respecta á consecución dos beneficios potenciais".

Os proxectos financiados baixo o modelo público-privado "aprovéitanse para proporcionar bens e servizos que habitualmente fornece o sector público", explica o informe, que indica a gran magnitude do negocio que supón esta fórmula na que as multinacionais privadas fan negocio co apoio financeiro público: desde a década de 1990, na UE leváronse a cabo 1.749 proxectos público-privados por un valor total de 336.000 millóns de euros. Segundo revela o informe, a maioría destes proxectos lévanse a cabo no sector do transporte, que en 2016 representou un terzo dos investimentos de todo o ano, por diante da atención sanitaria e a educación.

Sombras de corrupción

A sospeita da corrupción política sobrevoa algúns datos que ofrece o informe, como que "na maioría de proxectos fiscalizados, elixiuse a opción do financiamento público-privada sen ningunha análise comparativo previo de opcións alternativas, como o comparador do sector público, sen lograr demostrar, polo tanto, que se trataba da opción que maximizaba a relación calidade-prezo e protexía o interese público ao garantir unha igualdade de condicións entre as asociación público-privada e unha adxudicación de contratos públicos tradicional".

Neste sentido, o Tribunal indica que "os proxectos de autoestradas en España se licitaron de xeito puntual, pero os contratos renegociaron-se pouco despois, o que suscita preguntas sobre si a contratación habíase xestionado debidamente?.

As auditorías revelan que no caso das autoestradas público-privadas analizadas disparáronse os custos trala contratación en preto de 300 millóns de euros, que debía asumir o socio público. En concreto, o custo da autoestrada A-1 incrementouse nun 33% (158 millóns de euros) e un atraso de dous anos, mentres que a autoestrada C-25 en Catalunya experimentou un incremento do 20,7% (143,8 millóns de euros, incluíndo 88,9 millóns de euros en custos financeiros) e atrasos de 14 meses. Iso só nas autoestradas auditadas neste informe.

Próximo negocio, a auga

As conclusións do Tribunal de Contas Europeo coñécense tralo anuncio dos rescates das autoestradas de peaxe por parte do Goberno central, o que supón un novo golpe aos modelos de participación público privados. Con todo, as grandes construtoras xa non teñen as súas miras postas en entrar en infraestruturas de transportes como as autoestradas, que consideran un sector esgotado financeiramente; senón que se centran no negocio do auga pública, onde como explican os expertos, hai un mercado garantido.

"A auga é un servizo público que se presta baixo condicións de monopolio natural; desde unha visión mercantilista, estes servizos presentan o gran atractivo de dispoñer duns clientes cautivos, unha demanda estable e capacidade de pagar por estes servizos, xa sexa a través de orzamento municipal ou de tarifas aos usuarios. Acceder a este 'mercado' é o soño de calquera multinacional", asegura Luís Babiano, gerente da Asociación Española de Operadores de Auga Pública (AEOPAS).

En efecto, segundo datos do Tribunal de Contas, os servizos xa privatizados (sexa como empresas que se fixeron coa concesión do servizo de augas ou empresas mixtas público-privadaspresentan sobrecustos que van do 22% a máis do 90%, respecto do servizo prestado de forma directa, con encarecementos medios do 27% en recolleita de lixos ou do 71% en limpeza viaria (que se adoitan abonar no recibo do auga). Sobrecustos que ademais levan engadidos unha prestación do servizo de menor calidade e unha infrainversión, segundo estas mesmas fontes.

Nunha situación de emerxencia social, e de duras críticas sobre este modelo público-privado ou directamente privatizador, a patronal do auga AEAS-AGA, que agrupa ás tres principais multinacionais do auga -FCC Aqualia, Grupo Suez e Acciona- e sorprendentemente a algún operador público, mandou recentemente unha carta aos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados para incluír os mecanismos de contratación público-privados como unha prioridade dentro do denominado Pacto Nacional do Auga no que traballa o Executivo: unha volta de porca a un modelo que busca facer negocio a partir dos servizos públicos que require da connivencia dos representantes políticos.

Fonte: Autor Ricardo Gamaza @RicardoGamaza en Publico . | Sevilla
31.03.2018. 

Relatório Especial nº09/2018 do Tribunal de Contas Europeo sobre 'Asociacións público-privadas na UE: Deficiencias xeneralizadas e beneficios limitados'. | 89 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar en Potugués ou en Español.

[*Ricardo Gamaza, xornalista ambiental e director de documentales. Premio Andalucía de Comunicación Ambiental 2017. | Con máis de 25 anos de profesión, é na actualidade uno dos comunicadores ambientais máis galardonados de España con premios como o Dragona Iberia da Fundación Nova Cultura do Auga, o Premio Nacional Panda de WWF ou o Premio Doñana Sostenible, entre outros. | É o director de Ecoperiodismo, a única productora andaluza especializada no medio ambiente e agricultura e escribe un dos blogs de investigación sobre ecología con máis seguidores de España. 

Web oficial  do documentario Trilieros da Auga ? 
https://www.trilerosdelagua.com/

Web oficial de EcoPeriodismo.
http://ecoperiodismo.es/
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...