Saturday, February 09, 2019

Este domingo ás 12 en Compostela #SosSanidadePública | Ollaparo. O universal é o local sen muros

Este domingo ás 12 en Compostela #SosSanidadePública | Ollaparo. O universal é o local sen muros



GalizaMovementos sociaisSaúde — 9 Febreiro, 2019 at 10:51

Este domingo ás 12 en Compostela #SosSanidadePública

por 

 critica a Feixoo por ir o domingo a Madrid e no dar a cara na manifestación contra os cortes sanitarios en Galiza


Compostela acollerá o domingo unha manifestación convocada pola Plataforma SOS sanidade Pública co lema ‘Os recortes matan, non ao negocio coa saúde!’. Manuel Martín é unha das voces máis destacadas deste colectivo, que se erixiu durante estes anos nun dos alicerces fronte ás políticas sanitarias do goberno de Feixoo. Os servizos de Urxencias, PACs e Atención Primaria son o ámbito da sanidade que está a sufrir con maior intensidade os progresivos recortes orzamentarios que se están levando a cabo dende o Goberno galego.
Mais unha mobilización a favor da sanidade públican, porén a novidade é que agora os profesionais son quen están a liderar as mobilizacións, especialmente os dos PAC, Primaria e Centros de Saúde.
O preceito para axustarse a cumprir co déficit que impón a moi neoliberal UE  está a seguilo Feixoo  con fe de converso, abrindo espazos ao sector privado, ás multinacionais e fondos de investimento que son as que están a ficar cos servizos sanitarios a dispor dos intereses e desenvolvemento das empresas privadas, das multinacionais en vez de atender a prestar unha boa saúde da poboación.
De Ferrol sairá un bus as 10 h ao lado do monumento do 10 de Marzal no Pilar ( Recimil) , para apuntarse ferrolencomun@gmail.com até rematar prazas.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...