Sunday, March 31, 2019

O Encontro nacional aberto do BNG ateiga o Auditorio de Galiza

O Encontro nacional aberto do BNG ateiga o Auditorio de Galiza | Ollaparo. O universal é o local sen muros



O Encontro nacional aberto do BNG ateiga o Auditorio de Galiza

por 

Ana Pontón: “A eleición non está entre unha dereita botada ao monte e unha esquerda que non foi quen de derogar a LONCE nen a lei mordaza nens a contrarreforma laboral cando tiña os votos para facelo. Non podemos deixarnos enganar de novo.”

Cheo até a bandeira no Encontro Nacional Aberto que este derradeiro domingo de Marzo desenvolveu o BNG no Auditorio de Galiza en Compostela como arranque de campaña. Un acto multitudinario e festeiro que abriron os humoristas  Isabel Risco e Quico Cadaval, avanzo dunha xornada que se albiscaba subida de temperatura.  O discurso inaugural  de Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, deu paso ao breve parlamento dos candidatos e candidatas municipais, entre eles Cristina Cid, candidata por Allariz, e Miguel Fernánadez Lores, alcalde de Pontevedra, ambos e dous concellos modelo da xestión do BNG
“As forzas políticas estatais andan moi frustradas en Pontevedra. Están arrabeadas, irrítanse, perden os papeis, ao ver que Pontevedra progresa, avanza, mellora con un modelo propio e xenuíno. Un modelo enxebre, totalmente galego” , afirmou Fernández Lores
Ana Pontón e Maria Xosé Rodríguez, candidata á alcaldia de Cedeira
Foran pasando polo cenario a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato por Ourense Xosé Luís Seara, pola Coruña Francisco Jorquera, Goretti Sanmartín por Compostela,  Ivan Rivas, candidato por Ferrol, Iago Tabarés por Ourense e Xabier P. Igrexas por Vigo. A seguir  o candidato ao Congreso pola Coruña, Nestor Rego, que expresou que “xa testamos o sucursalismo de PP e Psoe e o novo sucursalismo da nova política”, Maite Ferreiro por Lugo,Iago Tabarés por Lugo e Maite Ferreiro por Pontevedra.
“Na España das reformas laborais e pensións conxeladas goberna a esquerda, e no Ferrol dos estaleiros pechados por orden ministerial e gobernos locais que entregan contratos millonarios a transnacionais goberna a esquerda, e ademais a radical” dixo Ivan Rivas, candidato por Ferrol
A eurodeputada Miranda afirmou que “somos nacionalistas e internacionalistas. Desde Galiza estamos con todas as causas xustas e con todos os pobos irmáns: o Sáhara, o Curdistán, Palestina e América Latina. Defendemos a soberanía dos pobos e o seu dereito a decidir libremente o seu futuro”, acrescentando que “desde o Parlamento Europeo traballamos arreo para termos unha tarifa eléctrica propia, galega, para atender a realidade das industrias electrointensivas como Alcoa”
Encerrou este Encontro Nacional Aberto a portavoz Ana Pontón, visibibelmente emocionada, afirmando que é o momento de facerse repeeitar e de garantir en Madrid e Bruxelas que Galiza terá unha voz que a a defenda, tamén nos concellos, nas vindeira eleicións, xerais, municipais e europeas. Pontón apuntou que o BNG está  nunha boa situación para dar un grande salto adiante e que cómpre facelo posibel  para articular “unha mudanza  real para Galiza e facernos valer por nós mesmos”, por nós mesmas, a través dun BNG que só ten unha lealdade: o pobo galego, a cidadanía deste país”

Intervención da eurodeputada Ana Miranda
“Son momentos de comprometerse e participar, desde a rebeldía e desde a esperanza. Non temos nen queremos resignarnos a elixir entre o malo ou o peor. Escollamos o mellor. Avanzar en dereitos e liberdades, con voz propia, desde nós”, proclamou Ana Pontón perante un auditorio en pé.

Ana Pontón encerrando o Encontro Aberto do BNG

Saturday, March 30, 2019

Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega | Periodistas en Español

Ana Romaní ingresa na Real Academia Galega | Periodistas en Español



Ana Romaní será a partir do sábado 6 de abril de 2019 académica de número da Real Academia Galega.

Ana Romaní
Ana Romaní
A escritora e xornalista Ana Romaní ocupará a cadeira vacante producida polo pasamento de Xohana Torres, un dos seus referentes literarios, cun discurso titulado Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas. Daralle resposta a académica Margarita Ledo.
Figura imprescindible do xornalismo cultural e da poesía galega actual, Ana Romaní (Noia, 1962), uniu ambos os mundos con iniciativas que proxectaron a voz literaria na linguaxe radiofónica coas formas máis contemporáneas desde o Diario Cultural da Radio Galega.
Desde este espazo promoveu o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que desde 2006 deu lugar a máis de corenta obras de teatro radiofónico e propiciou a renovación deste xénero; ou De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2013), unha antoloxía sonora con versos inéditos de trinta e seis poetas arredor de poemas de Rosalía de Castro. Dan man doutros creadores desenvolveu tamén outras iniciativas vinculadas á oralidade da poesía, unha teima constante da autora.
Como creadora literaria, a académica electa é unha das escritoras indispensables do discurso poético que emerxeu nas dúas últimas décadas do século XX, preocupada sempre pola recuperación, desde a perspectiva feminista, das voces invisibilizadas pola historia.
Os seus primeiros poemas viron luz en revistas e en 1987 saíu do prelo o seu primeiro libro, Palabra de mar, onde o mundo acuático se converte en espazo simbólico. O espazo mariño marcou tamén o seguinte poemario, Das últimas mareas (1994), onde reescribe o mito de Penélope en diálogo co célebre poema co mesmo nome do Tempo de ría (1992) de Xohana Torres, convertido en himno do feminismo cultural galego. O seu último libro ata o momento é Estremas (2010), gañador de varios premios. Os poemas de Ana Romaní poden lerse tamén en volumes colectivos.
Ana Romaní cultivou tamén outros xéneros, con títulos como a Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos (2003) ou as biografías de María MariñoXela Arias ou Belén Feliú para o Álbum das Mulleres.

Tuesday, March 26, 2019

O presidente do México quer que Filipe VI pida desculpas pola conquista | Ollaparo. O universal é o local sen muros

O presidente do México quer que Filipe VI pida desculpas pola conquista | Ollaparo. O universal é o local sen muros

 (É un Xesto de gran importancia, son maneiras necesarias para reescribir a HISTORIA que Occidente impuxo a os povos do resto do MUndo, História que a partir do Seculo XV e a HISTORIA DE UNA INFAMIA, DE UN SAQUEO. 

Si, xa sabemos de abondo que deixamos o Tesouro da Lingua, a costa de desbaratar ás súas. Etc Etc)



O presidente do México quer que Filipe VI pida desculpas pola conquista

por 

A petición de López Obrador adírese ás teses da denominada  ética da liberación, crítica coas visións do mundo importadas que non fan mais ca encobrir a própria realidade. O goberno español, no entanto, dise nun comunicado que “rexeita firmemente” esta demanda. 
O presidente do México, Andrés Manuel López Obrador, enviou unha carta ao goberno español na que solicita que o rei da España, Filipe VI, pida desculpas polos crimes cometidos durante a conquista. Ele tamén enviou unha carta ao Papa Francisco para “fazcer un relatório de queixas e pedir perdón aos pobos orixinários por violacións que son agora coñecidas como direitos humanos”. “Houbo matançzas e imposicións. A chamada conquista aconteceu coa espada e a cruz “, dixo Obrador nun vídeo pendurado nas redes sociais na noite de segunda-feira.
Estamos em Comalcalco, estamos indo para Centla para comemorar os 500 anos da batalla dos españois contra a resistencia dos maias-Chontales. pic.twitter.com/glYO0eAMtX
– Andrés Manuel (@lopezobrador_) 25 de marzo de 2019
México tamén pedirá perdón
Obrador explicou que todo fai parte dun “proceso de reconciliación” que seu goberno quer começzar em comemoración, en 2021, dos 500 anos da Batalla de Centla, “a primeira conquista en que os maias Chontales foram derrotados polo conquistador español Hernán Cortés e, ao mesmo tempo, 200 anos depois da independencia do México.
Nese sentido, Obrador dise que seu próprio goberno tamén pediria perdón, porque despois de declarar independencia “houbo tamén moita represión ao pobos orixinarios” co “o extermínio dos Iaquis, Maia e até o ataque aos chineses durante a revolución mexicana “. “Temos que pedir perdón e que o ano de 2021 sexa o ano da reconciliación histórica”, afirmou.
É neste contexto que Obrador enviou unha carta ao Ministério dos Negócios Estranxeiros, Unión Europea e Cooperación do goberno español para pedir que o rei Filipe VI se desculpase. O goberno de Pedro Sánchez ainda non deu resposta ao seu pedido. A demanda de Obrador chega por carta poucos meses depois que o presidente Pedro Sánchez visitara o México, en xaneiro, e tamén recebeu a mesma visita de Filipe VI en decembro. Para lembrarnos que o domínio que  exerceu con despotismo infundado tivo efeito imediato explotación laboral da populación aboríxene e extermínio cultural arbitrário e
teimoso sob
¡Anda ya! A ignorancia do imperialista fracasado
É de agradecer a tentativa de López Obrador de pensar na sua própria realidade para superar o estado de humillación sofrido pola América Latina, na esteira dos pensadores Salazar Bondy, Leopoldo Zea, Eduardo Galeano, Enrique Dussel, entre outros. No entanto, a parte  da negativa do goberno socialista, o ínclito Rafael Hernando, deputado do Partido Popular na Almeria e portavoz adxunto do partido no Congreso vén de reaccionar, dando mostras, mais unha vez da impostura de hispanocentrismo paifoco e temerario, aquel que proxecta propia ignorancia sobre os outros malia así mostrarse como un indocumentado e  un “imperialista fracasado”(Castelao) na xeira daquel Ginés de Sepúlveda (ideólogo da incursión española en América): “Habrá q recordarle a este Sr. q los españoles fuimos allí y acabamos con el poder de tribus q asesinaban con crueldad y saña a sus vecinos, y q por eso unos pocos ayudados por los q eran perseguidos y esclavizados, se conquistó y civilizó esa tierra. Q estudie un poco. ¡Anda ya! pic.twitter.com/GkyOytsrPi“. Non é por acaso que o portavoz do PP no parlamento europeo, González Pons teime na mesma impostura de alargar o contexto socio-cultural e económico de dominación: “El presidente mejicano debería dejar de pelearse con Hernán Cortés que está muerto y enfrentarse a Maduro que sigue matando. Da vergüenza que condene a Colón y apoye al tirano chavista”. Todo imperialista tende a ser un “pedagogo domesticador”. Pensa a súa cultura como a única universal e verdadeira. Eís duas probas do que o filósofo Enrique Dussel, un dos maiores expoentes da Filosofia da libertación e do pensamento latino-americano en xeral, crítico do pensamento eurocéntrico contemporáneo, ten denunciado como “encobrimento do outro”, esa forma que tomando 1492 como momento do  ‘nacemento’ da Modernidade como concepto, a ‘orixe’ dun ‘mito’ de violencia sacrificial moi particular, e, ao mesmo tiempo, un proceso de ‘en-cubrimento’ do non-europeo”.

Friday, March 22, 2019

Deseucaliptización simultánea de Galicia o 23 de marzo | Ollaparo. O universal é o local sen muros

Deseucaliptización simultánea de Galicia o 23 de marzo | Ollaparo. O universal é o local sen muros



Deseucaliptización simultánea de Galicia o 23 de marzo

por 

20 colectivos galegos responderon ao chamado da plataforma a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, para sumarse a unha deseucaliptización simultánea en Galiza, con motivo do Día Mundial Forestal ou dos Bosques.Comunidades de Montes, colectivos ecoloxistas, agrupacións culturais, a Universidade da Coruña e diversos proxectos de custodia do territorio organizan para mañá e o vindeiro sábado, 23 de marzo, máis dunha decena de accións de eliminación de eucaliptos e doutras plantas exóticas invasoras, como as acacias. Se queres participar nalgunha delas, preme no mapa.
Os colectivos ADEGA, Couto da Eiriña, Verdegaia, Montescola e CMVMC de Froxán (Lousame), a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, A Rente de Chan, Pladever, Fundación Eira, Proxecto Ríos, Amigos da Terra, CMVMC de Tourón (Melón), Asociación Vergasta, APDR, agrupación Arlequín, Proxecto MonTeis, a CMVMC de Teis (Vigo), a CMVMC de Ponteareas e a CMVMC de Carracedo (Caldas de Reis)acudiron ao chamado da rede Cousa de Raíces para participar nunha deseucaliptización simultánea de Galiza que comezará mañá, 21 de marzo, Día Mundial dos Bosques, e culminará o sábado, 23 de marzo, coa realización da meirande parte das actuacións.
O obxectivo desta iniciativa de Cousa de Raíces é chamar a atención sobre a urxencia de favorecer e conservar os bosques galegos fronte o impacto negativo e a expansión descontrolada de especies e plantas exóticas invasoras no país, como é o caso do eucalipto ou da acacia. Cousa de Raíces apela nesta semana forestal a distinguir entre o que é un bosque (ecosistema natural complexo, no que as especies arbóreas, a vexetación acompañante, os animais, fungos e microorganismos establecen relacións perdurbales no tempo) e unha plantación forestal (conxunto de árbores uniformes que se plantan cun único interese comercial e que adoita estar formada por especies alóctonas que desprazan as especies autóctonas).
As especies foráneas, como o eucalipto ou a acacia, causan un impacto negativo sobre as especies forestais propias, o solo, os cauces fluviais, a biodiversidade, ocupan solos de cultivo e compiten coas especies propias, ademais de contribuír a favorecer os incendios forestais. Pola contra, os bosques ou formacións arbóreas de especies autóctonas achegan múltiples beneficios á sociedade: mitigan o cambio climático, reteñen carbono, favorecen a provisión de auga, xean biodiversidade e paisaxe, son fundamentais para a conservación da natureza e son fundamentais para a vida.
 Accións de eliminación de eucaliptos e acacias
As accións de deseucaliptización comezarán mañá, no propio Día Internacional dos Bosques, na cidade da Coruña, cunha actividade de eliminación de flora exótica invasora, especialmente da acacia negra, organizada no Monte da Fraga pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, coa colaboración de ADEGA.
Captura de pantalla 2019-03-20 a las 11.33.30
As demais accións de eliminación de eucaliptos e outra flora exótica terán lugar o sábado, 23 de marzo. Unha delas desenvolveranse na provincia da Coruña, en concreto nos Montes de Froxán de Lousame, en “Campo de Lamas”. Nesta zona húmida, a comunidade de montes, xunto con Verdegaia e as brigadas deseucaliptizadoras, levan tempo promovendo a recuperación do bosque nativo.
A única actuación que se realizará na provincia de Ourense no marco da “deseucaliptización simultánea” será abandanderada pola comunidade de montes de Tourón, no concello de Melón, a cal  aposta tamén pola retirada de eucaliptos dos seus montes. Participarán nesta actividades outras entidades como Amigos da Terra e a Asociación Vergasta.
As 8 actuacións restantes terán lugar na provincia de Pontevedra, nos concellos de Agolada, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas, Mondariz, Pontevedra, Ponteareas, Caldas de Reis e Vigo. Estarán promovidas por entidades ecoloxistas, culturais e comunidades veciñais de montes en man común.
Nos montes de Ramil de Agolada, a Fundación Eira e ADEGA darán continuidade aos labores previos de eliminación de eucalipto nunha parcela custodiada, na que haberá que eliminar os gromos que rebentaron nos tocóns. Tamén o colectivo ecoloxista, xunto co Proxecto Ríos, acudirán ao río Tea, en Mondariz, para eliminar especies exóticas invasoras, nomeadamente a acacia, no marco do Campo de voluntariado ambiental do Tea.
A tarefa principal do colectivo A Rente de Chan e Pladever (plataforma na defensa do Verdugo) será a deseucaliptización nunhas parcelas de experimentación, situadas nos montes de Gradín de Pontecaldelas, nas que se fará seguimento dos resultados da eliminación de eucaliptos, seguindo un protocolo deseñado para a ocasión, e que estas organizacións comparten co resto de entidades participantes.
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) eliminará eucaliptos no monte de O Regueiriño, na parroquia de Lourizán na que se sitúa tamén a fábrica de celulosas de Ence, unha das principais causas da eucaliptización masiva de Galiza nos últimos 30 anos.
A proposta de  deseucaliptización simultánea de Cousa de Raíces foi tamén moi ben acollida polas comunidades de montes veciñais en mancomún. A comunidade de Montes de Rebordelo, de Cerdedo-Cotobade, coa colaboración de ADEGA-Vigo, aproveitará esta ocasión para eliminar eucaliptos e promover un roteiro interpretativo polo Couto da Eiriña, lugar no que se está a promover un proxecto de custodia e de promoción dunha xestión forestal sostible.
Pola súa banda, a comunidade de montes de Ponteareas está a substituír o eucalipto dos seus montes por especies forestais autóctonas, tarefa na que está inmersa desde a vaga de lumes de 2017. O sábado 23 continuará con este labor nos “Chans da Picaraña”, luga no que se celebra a Romaría da Picaraña do vindeiro 1 de maio.
O mesmo pretenden facer os comuneiros e comuneiras de Carracedo, de Caldas de Reis, e de Teis en Vigo. Os primeiros eliminarán gromos de eucalipto de tocóns, e os segundos tamén eliminarán exemplares máis grandes coa axuda de maquinaria. A agrupación Arlequín tamén colaborará na deseucaliptización da Madroa, en Teis, onde tamén se plantarán árbores autóctonas.

Pódeste inscreber previamente en calquera destas accións de deseucaliptización e eliminación de especies exóticas invasoras, contactando coas entidades promotoras de cada unha delas a través dos teléfonos e dos emails que se sinalan no mapa de actuacións e na seguinte Táboa deseucaliptizacion simultanea 2019.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...