Asemblea Popular en apoio á Alternativa Galega de Esquerda,

Unha nova Asemblea Popular en apoio á Alternativa Galega de Esquerda, que desta vez se celebrará en Canido.

Esta é unha Asemblea Aberta a todas as persoas que consideren que a Alternativa Galega de Esquerda é unha expresión política válida, onde o movemento social de Ferrol Terra poda confiar as súas reivindicacións e demandas; para que estas cheguen ao Parlamento Galego.

A cita é o Venres, 30 de Novembro, ás 19hs en Ferrol, nos locais da Sociedade Deportiva e Recreativa de Canido, celebrara-se a III Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda.

III Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda

O pasado Venres 2 de Novembro, celebrabamos no Auditorio da Praza de Galicia do Concello de Narón, a II Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda. Con anterioridade, antes das Eleccións Lexislativas Galegas do 21 de Outubro, celebramos unha Asemblea en Ferrol, no Centro Cívico Carvalho Calero do Inferniño, o 28 de Setembro, de activistas do movemento social de Ferrol Terra, en apoio da coalición electoral. Como resultado desa asemblea, asinábase un manifesto onde, ademais de amosar as razóns deste apoio, a propia asemblea convertíase en sentinela do mandato popular.

Criába-se así un espazo de reflexión e activismo político, fora das estruturas das organizacións políticas, de participación directa da cidadanía e confluencia das distintas opcións e visións que apoian a Alternativa Galega de Esquerda.

Na citada segunda asemblea, reflexionamos e acordamos diferentes asuntos recollidos na crónica aproximada xa publicada e outros acordos para a Folga Xeral do 14N.

Por último acordouse que as persoas que convocaron esa segunda asemblea, xunto ás que se sumaron na mesma, fixeran, despois do 14N unha nova convocatoria. Estas persoas terían só por obxecto: acordar día, hora e lugar da vindeira Asemblea, fixar os seus obxectivos e elaborar a proposta de orde do día.

Estas persoas abaixo relacionadas, tomamos a iniciativa de convocar unha terceira Asemblea en Ferrol, nos locais da Sociedade Recreativa e Deportiva de Canido, situada na Rúa Insua, para o venres 30 de novembro ás 19hs, coa seguinte orde do día:
1º Elección de dúas persoas que moderen a asemblea (unha muller e un home).

2º Análise da folga do 14N. E despois que?

3º Alianza Social Galega. Propostas para conformala na nosa comarca.

4º Propostas para o deseño das relacións da Asemblea co Grupo Parlamentar de AGE.

5º Rogos e preguntas.
Por outra banda acordou-se convidar á Yolanda Díaz e Antón Sánchez, membros do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, para participar nesta Asemblea, para que nos expliquen os obxectivos inmediatos do citado Grupo e someter-se ás preguntas que houber (Yolanda e Antón xa confirmaron a súa presencia).

En Ferrol, a 23 de Novembro de 2012

Asinan esta convocatoria: Rafael Pillado, Lupe Ces, Suso Díaz, Elena Casal, César Pena, Lucia Vizoso, Miguel López, Carlos Varela, Suso Pazos, Lalán, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Daniel A. Martínez, Marcelo R. Serantes, Pablo Portero, Paula Meizoso, Inácio Martínez e Mel Sanxoan.

ESPALLA E DIFUNDE !!

Nota.- Achegamos documentos, da Alianza Social Galega e a Circular Nº1 sobre reparto do Grupo Parlamentario nas comisións do Parlamento Galego, en ficheiros anexos formato -pdf.

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR
Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio á candidatura da Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com

No comments:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...